Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O PP destaca a necesidade de que para poder dar solución a...

O PP destaca a necesidade de que para poder dar solución a Galicia ante os cambios na PAC, na política pesqueira e na axenda urbana e rural é necesario contar coa presenza do maior número de eurodeputados populares en Bruxelas

- Anuncio -
  • O presidente provincial, Luis López fixo especial fincapé en que a defensa das nosas rías, do noso rural e do reparto dos fondos europeos, serán unha das súas grandes prioridades.
  • López indicou tamén a importancia que ten para a provincia a posta en marcha da Alta Velocidade entre Oporto e Vigo e o Corredor Atlántico, fundamentais para a nosa industria e a nosa economía.

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luís López, destacou a necesidade de que para poder dar solución a Galicia ante os cambios na PAC, do futuro da política pesqueira e do deseño da axenda urbana e rural  é necesario contar co maior número de eurodeputados populares en Bruxelas

Luis López participou esta tarde nun mitin nos xardíns da Ravella, en Vilagarcía de Arousa, xunto á titular de Economía e Industria do Goberno galego, Chus Lorenzana, a secretaria xeral do partido na provincia, Luisa Piñeiro, e a voceira do PP de Vilagarcía, Ana Granja, onde arrouparon ao candidato do PP ás eleccións europeas, Adrián Vázquez.

“Pido que ante un Goberno perezoso para avanzar no Corredor Atlántico, para xestionar os fondos europeos para a nosa industria e para acelerar a Alta Velocidade Vigo-Oporto, a nosa resposta sexa de esixencia. E que ante un PSOE que quere empregar Bruxelas como trincheira para a súa desigualdade, dos seus muros e das súas tomaduras de pelo, a nosa resposta sexa en forma de “basta xa”. Que ante un Bloque que se presenta a estas eleccións co separatismo catalán e cos herdeiros políticos de ETA, a nosa resposta sexa o sentidiño de Galicia”, reclamou Luís López.

O dirixente popular animou a votar ao Partido Popular nunhas eleccións nas que Galicia xógase moito. “Temos a sorte de que os pontevedreses e galegos están moi ben representados co candidato da cidade, Francisco Millán Mon, e con Adrián Vázquez Lázara”, destacou o dirixente provincial.

O candidato popular, Adrián Vázquez indicou que Galicia se xoga moito nestas eleccións. “Vivimos un momento crítico para a historia de Europa e para a política na Unión Europea, que foi o proxecto político que máis empuxou  a Galicia e a toda España a transformarnos como país, ata converternos na súa cuarta economía. Isto sabémolo ben os galegos, que nos beneficiamos dunha Europa sen fronteiras que nos permite relacionarnos social e economicamente cos nosos veciños portugueses ou que nos permitiu acceder a fondos de cohesión que impulsaron a nosa terra, o noso campo e a nosa industria”, indicou Vázquez.

 “Unha España forte fai unha Europa mellor. E aquí os galegos temos moito que dicir. Galicia ten un talante propio á hora de facer política e á hora de gobernar. En Galicia hai un goberno e un presidente serios. Que fan política para adultos. En positivo. Coas mans no timón. Todo o contrario que o que agora mesmo pasa en Moncloa”, rematou o candidato popular.

Pola súa banda, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana Somoza, asegurou que as eleccións europeas son unha “oportunidade única” para determinar o rumbo e o futuro de Galicia, de España e de Europa e por iso insistiu na necesidade de deixar a un lado “o caos e NON POLO NON”.

Neste sentido, incidiu en que o Partido Popular é a “única opción posible” para defender os intereses de Galicia en Europa: maiores recursos, mellor xestión e axilidade nos fondos europeos, normativas para sectores estratéxicos que garantan transicións graduais.

“Queremos unha Galicia aberta a España, a Europa e ao mundo, non unha Galicia pechada en si mesma, illada e separada dos demais”, concluíu.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas