A rúa Pena Trevinca rexistrará cortes de tráfico esta fin de semana polas Festas de San Francisco

adminON
Lectura mínima de 1

A rúa Pena Trevinca rexistrará cortes de tráfico desde pasado mañá, venres, día 3, até o domingo, 5 de outubro, pola celebración das Festas de San Francisco.

O dispositivo deseñado pola Policía Local de Ourense prevé que esta rúa, que se estende desde a estrada da Granxa até a rúa da Coruña, peche á circulación de vehículos o venres desde as 15.00 horas, o sábado desde as 18.00 horas e o domingo desde as 14.00 horas. O domingo tamén estará pechada durante a mañá a causa da carreira da Garda Civil.

A Policía Local recomenda como vías alternativas de circulación as rúas Serra Martiñá, A Coruña, A Saínza e Galicia.

Comparte este artigo