• Domínguez reclama a Lores que “exerza a presión necesaria para que o Goberno central renove as obras do nó de Bombeiros e do paseo peonil a Marín”
• Pardo trasladou dúas preguntas escritas ao Ministerio: en que data prevé o Ministerio que se retomen as obras do nó de Bombeiros? E que sobrecusto terá o modificado do proxecto?
O portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, e a concelleira Pepa Pardo visitaron este luns o proxecto errado de reforma do nó de Bombeiros para denunciar un ano de parálise das obras dependentes do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible.
O PP de Pontevedra esixiu que se desatasque a remodelación do enlace norte da AP-9, orzado en 9.549.041,02 euros cun prazo de execución de 14 meses, que o Goberno central iniciou o 29 de xullo de 2024 “e que deberían estar a piques de finalizar, no canto de levar nun limbo desde hai máis de 10 meses, sen visos de renovarse a curto ou medio prazo”.
Na súa condición de senadora, Pardo trasladou o 26 de xuño de 2025 dúas preguntas escritas ao Executivo central para saber “en que data prevé o Ministerio que se retomen as obras do nó de Bombeiros?” e “que sobrecusto terá o modificado do proxecto?”. A resposta, recibida fai sete días, sinala que “o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible está a tramitar unha modificación do contrato de remodelación da ligazón Pontevedra Norte AP-9 PK 129 por causas geotécnicas”.
“O Goberno de Sánchez está dedicado a tapar a corrupción que asedia ao PSOE. Ao que debemos sumar a desidia do alcalde Lores, centrado exclusivamente en facer propaganda, mentres non fai absolutamente nada por reclamar que as obras do nó de Bombeiros retómense para mellorar a seguridade viaria do enlace norte da autoestrada“, recriminou Pardo.
Neste sentido, Domínguez demandou ao goberno local de #Miguel Anxo Fernández Lores que exerza “a presión que sexa necesaria para que o Executivo central modifique o proxecto co obxectivo de renovar os traballos o máis rápido posible, no canto de ser cómplice co seu silencio polo interese de de manter no poder a un goberno que discrimina continuamente á nosa cidade”.
O líder dos populares aproveitou a convocatoria para esixir que se renove tamén o proxecto do segundo tramo do paseo peonil a Marín: “Sánchez nin anuncia novas obras, nin executa as que ten comprometidas, mentres o BNG apóiao porque a súa prioridade non é Pontevedra”.

