A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 25 de setembro, no salón de plenos, para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana, con 19 asuntos na orde do día.
Licenzas (5). Cinco expedientes:
- Proxecto básico e de execución de reconstrución de cuberta en edificación existente anexa a unha vivenda unifamiliar na estrada de Santa Mariña do Monte.
- Liquidacións da concesión administrativa de ocupación dunha superficie de 6,75 m2 de dominio público na fachada dun edificio na rúa Vasco Díaz Tanco.
- Licenza urbanística para o proxecto de demolición de construción en estado ruinoso na rúa Ponferrada, A Rabaza.
- Licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución para a instalación de ascensor nun edificio de vivendas na rúa Antonio Puga.
- Proxecto de reparación da instalación hidráulica de extinción e protección contra incendios no complexo de Menores de Montealegre.
Disciplina (1). Licenza urbanística para o proxecto básico e de execución de instalación de ascensor nun edificio na rúa Eladio Rodríguez.
Patrimonio (1). Cumprimento de sentenza. Rectificación de erro material.
Contratación (1). Aprobación, se procede, da prórroga do contrato do servizo de mantemento e soporte técnico da plataforma de licitación electrónica do Concello.
Educación (1). XV Certame Internacional de cinema escolar.
Avogacía Consistorial (10). Dar conta dunha sentenza e de 4 autos ditados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dunha sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Ourense e dun decreto do número 2. Ademais, o Concello deberá comparecer diante dos xulgados do Contencioso-Administrativo número 1 e 2 de Vigo e número 1 de Ourense en diferentes procedementos.

