As Festas de Santa Teresita ocasionarán cortes e modificacións do tráfico esta fin de semana

adminON
Lectura mínima de 1

A programación de actividades das Festas de Santa Teresita ocasionará cortes e modificacións do tráfico durante esta fin de semana en varias rúas do barrio ourensán.

As actuacións musicais terán lugar na rúa Río Xares, no cruzamento coas rúas Río Sil e Río Búbal. Os tramos afectados pecharanse o venres 26 e o sábado 27 a partir das 18.00 horas e o domingo 28 a partir das 17.00.

As atraccións festivas estarán nas rúas Santa Teresita e Río Sil. As dúas rúas pecharanse ao tráfico desde a intersección coa Rúa Quintián e a Rúa Río Sil. Tamén se pechará e modificará o sentido de circulación do tráfico na rúa Río Avia, desde Río Sil até Río Támega. Os horarios destes cortes serán o venres, a partir das 19.00 horas e o sábado e o domingo desde as 18.00h

Comparte este artigo