test
Home Xunta de Galicia Galicia avanza na desestacionalización cun cremento do 5% no número de viaxeiros...

Galicia avanza na desestacionalización cun cremento do 5% no número de viaxeiros aloxados nos cinco primeiros meses do ano

- Anuncio -
  • Segundo as cifras do INE feitas públicas hoxe, rexistrou máis de 2,1 millóns de viaxeiros e máis de 3,5 millóns de noites no conxunto do aloxamento turístico
  • Trátase de cifras récord de turistas e de noites que veñen acompañados de melloras no sector hoteleiro cun incremento do 7% na súa rendibilidade nestes meses
  • O turismo internacional segue a medrar e representou ata maio o 35% da demanda

O turismo galego continúa a avanzar de xeito positivo tanto en número de viaxeiros, noites e rendibilidade. Os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) indican que nos cinco primeiros meses do ano Galicia rexistrou máis de 2,1 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 3,5 millóns de noites no conxunto do aloxamento turístico. Isto supón un incremento do 5% no número de viaxeiros e do 2% no de noites.

Trátase de número de viaxeiros e de noites máis altos da serie histórica neste período. É ademais o segundo ano consecutivo no que o nivel de demanda dos primeiros cinco meses supera a barreira dos 3 millóns de noites. No acumulado a maio Galicia colócase como o oitavo destino máis importante do Estado situándose por detrás de Canarias, Andalucía, Cataluña, a C. Valenciana, Baleares, Madrid e Castela e León.

Tamén neste período o 80% da demanda corresponde ao segmento hoteleiro mentres que o 20% restante fica no aloxamento extrahoteleiro (albergues, establecementos de turismo rural, cámpings…). Neste sentido destaca especialmente o comportamento do turismo rural, que medra nestes cinco primeiros meses do ano, cun incremento dun 5% en viaxeiros e un 6% en noites.

Desde o punto de vista dos mercados, destaca o comportamento do internacional que supuxo nestes meses o 35% da demanda turística e medra a un ritmo do 9% con máis de 1,2 millóns de pernoitas, máximo da serie histórica deste período de cinco meses.

Estes datos cuantitativos veñen acompañados por un bo avance desde o punto de vista económico para o sector hoteleiro. Segundo os datos do INE, nos cinco primeiros meses mellorou a rendibilidade hoteleira (hoteis e pensións) nun 7% e se estima que o sector hoteleiro tivo uns ingresos totais nominais de 114,4 millóns de euros, cifra que supera nun 8,7% o ano pasado.

Relacionadas

A Xunta salienta que Galicia se consolida como unha comunidade innovadora en materia de...

0
Ángeles Vázquez subliña que estes datos supoñen unha información básica e necesaria para dar resposta a numerosas cuestións de xestión e planificación en materias...

Galicia e as Rexións Europeas debaten sobre o impacto da futura ampliación da ue...

0
— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou no último encontro da comisión CIVEX do Comité Europeo das Rexións, celebrado na...

O VIII Premio FEGATEA á animación teatral recoñece o traballo do Centro Dramático Galego

0
A unidade teatral da Xunta foi galardoada durante a celebración do 24 aniversario da Federación, á que asiste o director xeral de Cultura, Anxo...

A Xunta destaca o sector da artesanía como motor para atraer talento e vertebrar...

0
― José González fixo fincapé no valor da marca Artesanía de Galicia como selo de identidade propia e garantía de calidade ― Expuxo que a...

Seis agrupacións de voluntarios de Protección Civil da comarca da Coruña reciben equipamento de...

0
Trátase de 1 remolque, así como 1 kits de ferramentas eléctricas, outros 2 de material loxístico para a seguridade viaria e 2 de material...

Diego Calvo reúnese co subinspector da Policía Autonómica e xefe do equipo de resposta...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal, despediu ao subinspector Fernando Molina con...

Publicacións Relacionadas