O Concello incorpora un buscador de rutas na súa páxina web para facilitar o uso dos autobuses urbanos

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Ourense continúa ampliando as ferramentas para informar a cidadanía das novas liñas do servizo de autobuses urbanos. Desde esta mañá, está dispoñible na páxina web do Concello un buscador de rutas, pensado para facilitar os desprazamentos no transporte público.

Na opción Como chego ao meu destino, as persoas interesadas só teñen que indicar cal é a zona de orixe e a de destino da súa viaxe, e o sistema recomendaralles automaticamente a mellor ruta en autobús.

A nova ferramenta, en fase beta, incorpora as principais zonas da cidade e seguirá incorporando cada vez máis localizacións. Está dispoñible en:

https://rest.moubil.ourense.gal/static/urbanosou/lineas/zonas.html

Na web do Concello pódese acceder tamén a todo tipo de información sobre as liñas de autobuses cos seus percorridos e horarios, así como os mapas das diferentes rutas de ida e volta, ademais das tarifas vixentes e as tarxetas Milenio.

https://rest.moubil.ourense.gal/static/urbanosou/lineas/index.html

Comparte este artigo