O BNG chama a participar activamente nas mobilizacións convocadas por Galiza por Palestina para denunciar o xenocidio e a limpeza étnica que está a levar a cabo o estado sionista contra a pobo palestino

adminON
Lectura mínima de 1

Anima a participar con bandeiras palestinas o martes 9 ás 12.15 h. nas rotondas da Ponte da Barca e de Manuel de Palacio

O BNG apoia as convocatorias realizadas por Galiza por Palestina para o luns 8 e o martes 9 de setembro, para visibilizar a solidariedade co pobo palestino e denunciar o xenocidio e de limpeza étnica que está a ver a cabo o estado sionista de Israel.

A primeira das convocatorias terá lugar o luns 8 ás 20 h. na praza da Peregrina e a segunda, o martes 9, ao paso da Volta ciclista por Poio e Pontevedra, na que, ademais de denunciar o xenocidio, se esixirá a expulsión da competición do equipo Israel-Premier Tech.

Desde o BNG animamos á veciñanza a participar nestes actos con bandeiras e/ou simboloxía palestina, para mostrarlle ao mundo que o noso é un pobo pacífico, solidario e que condea a barbarie Israelí.

No caso da Volta ciclista os puntos de encontro son a rotonda da ponte da Barca e a rotonda de Manuel de Palacio (12.15 h.)

Comparte este artigo