Home Vigo Mos Mos recibe unha inversión histórica de máis de 10 millóns de euros...

Mos recibe unha inversión histórica de máis de 10 millóns de euros dos orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro 2025

- Anuncio -

A alcaldesa de Mos Nidia Arévalo, xunto á concelleira de Facenda Felisa Rodríguez valoran como absolutamente extraordinaria a aposta do executivo autonómico por Mos.

Entre as partidas máis importantes figuran 5 millóns para o centro de coidados intermedios do Rebullón e 2,7 millóns para vivenda pública en San Eleuterio.

Os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano 2025 recollen partidas por importes de máis de 10 millóns de euros de inversión no concello de Mos, un investimento histórico no que destacan 5 millóns de euros para o centro de coidados intermedios do Rebullón e 2,7 para a vivenda pública de San Eleuterio.

A alcaldesa Nidia Arévalo acompañada pola súa concelleira de facenda Felisa Rodríguez quixeron destacar esta mañá que “Se trata dunha inversión absolutamente histórica da Xunta de Galicia en Mos, unha Xunta que sempre estivo presente e que agora amplía e reforza o seu apoio a este municipio”, do mesmo xeito lembraron tamén que “este apoio nos orzamentos de 2025 demostra que cumprimos os compromisos adquiridos para que o Mos das oportunidades siga crecendo”.

MOS NOS ORZAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA 2025 POR PARTIDAS:

  • 5 Millóns de euros para a construción do novo Centro de Coidados Intermedios no antigo Hospital do Rebullón.

Neste centro, que será o segundo deste tipo en Galicia xunto ao de Santiago de Compostela, as persoas que reciban a alta hospitalaria poderán recuperarse por completo antes de regresar aos seus domicilios ou centros residenciais.

  • 2,7 Millón de euros para comezar a construción de nova Vivenda Pública en San Eleuterio.

Serán un total de 20 novas vivendas de protección oficial, unha delas adaptada, cun total de 29 prazas de garaxe e 20 rochos, licitadas hai uns meses e con previsión de estar construídas no ano 2026. O importe total da obra ascende a 4,1 millóns de euros.

A provincia de Pontevedra rexistra unha partida histórica de case 60M€, cinco veces a contía do ano pasado, para o impulso dos grandes proxectos de Vivenda pública en Vigo, Pontevedra e MOS.

  • 700.000€ para a nova Escola Infantil.

Será a quinta escola infantil no municipio, dos cales os traballos de estudo xeotécnio xa comezaron o pasado mes de agosto.

  • 600.000€ para comeza a humanización do Novo Puxeiros.

Un proxecto de remodelación da entrada dende Vigo na conexión coa autovía que ofrecerá unha nova carta de presentación ao municipio Mosense.

  • 484.196,00€ para o Novo Parque Empresarial de Arrufana.

Permitirá atender as demandas de solo empresarial no municipio e facilitar a creación de postos de traballo en Mos.

  • 233.221,00€ para Melloras no curso do Río Louro.

Se realizarán melloras no río Louro ao seu Paso por Mos, Porriño e Salceda, cun prazo de remate en 2026 e unha inversión total de 1 millón de euros en dúas anualidades.

  • Contratación do proxecto construtivo do novo centro de Saúde de Mos. Este proxecto estará rematado en 2025.

O orzamento prevé o crédito necesario para a contratación do proxectos construtivo de diversos centros de saúde na área sanitaria de Vigo, entre os que se encontra o de Mos, que se englobará dentro do Novo Macroproxecto Sanitario do Rebullón.

  • 150.000€ para mellorar a accesibilidade do CEIP de Atín, na parroquia de Cela.

Se levará a cabo a instalación dun ascensor solicitado por toda a comunidade educativa deste centro.

  • 106.000€ para actuación na rede de saneamento.

Todas estas actuacións, nas que se inclúen tamén os importes dedicados ás instalacións e persoal das escolas infantís situadas no municipio, superan os 10 millons de euros, unha cifra nunca antes comprometida nos orzamentos autonómicos para o municipio de Mos, e supoñen a posta en marcha e materialización de proxectos esenciais para o municipio que pronto comezarán a converterse en realidade.

Relacionadas

Luis Menor presenta en Celanova a primeira audioguía dixital multimedia da provincia que une...

0
O presidente provincial recalcou o carácter innovador desta iniciativa da Deputación, e visitou tamén en compañía do alcalde, Antonio Puga, e membros da Corporación...

As novas tecnoloxías e o ocio electrónico serán protagonistas no medio centenar de actividades...

0
• Competicións, obradoiros, conferencias, xogos ou zonas con simuladores e videoconsolas conformarán algunhas das propostas desta 24ª edición da party • Esta cita terá lugar...

Galicia e País Vasco comparten o reto da atracción e retención de talento como...

0
— O secretario xeral de Universidades cualifica de “moi positivo” o intercambio de experiencias para abrir reflexións conxuntas e analizar posibles liñas de cooperación...

Galicia Suroeste dá un novo paso cara á transparencia e a sostibilidade

0
O grupo de desenvolvemento rural aprobou na súa asemblea xeral a Declaración Institucional en materia antifraude como parte das súas accións como xestor do...

A Xunta de Galicia volve marxinar a Sanxenxo nos seus orzamentos coa complicidade de...

0
O BNG lamenta que, un ano máis, actuacións de primeira necesidade como o enlace do polígono con Vilalonga, a reforma do Centro de Saúde...

A Deputación de Pontevedra dedica aos olímpicos e paralímpicos da provincia a Gala do...

0
A gala , que a institución provincial está a organizar na cidade da oliveira, centrarase nun recoñecemento aos participantes nos Xogos de París, cunha...

Publicacións Relacionadas