Home Pontevedra O Condado O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción laboral

- Anuncio -

• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral


• Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa Integrado de Emprego

O 1º Programa Integrado de Emprego de Ponteareas deixa un saldo positivo, un 53% do alumnado acadou a inserción laboral e ata 80 persoas tiveron unha oportunidade laboral en empresas da zona. A alcaldesa de Ponteareas acompañada do delegado do goberno da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera pechou hoxe a primeira edición deste programa de emprego que ten como peculiaridade o asesoramento individual e o deseño personalizado do itinerario de cada alumna e alumno. “Seguiremos con políticas activas de emprego que pomos en marcha grazas ao compromiso e apoio da Xunta de Galicia que neste ano e medio leva investido máis de dous millóns de euros concedéndonos dous obradoiros duais de emprego de máis de 500.000€ cada un, dous PIEs de máis de 220.000€ en cada edición, un obradoiro xuvenil de emprego e o Programa Xuventude Mentoring na Empresa”.

Feitos que o delegado da Xunta en Pontevedra valorou como “a mellor política social é a política de emprego e, polo tanto, a Xunta seguirá a financiar e apoiar este tipo de iniciativas que, ademais, están a ter excelentes resultados”.

Nun acto conducido pola concelleira de Emprendemento, Silvia Fernández Táboas, entregáronse os diplomas ás 100 persoas participantes que ao longo destes doce meses melloraron a súa formación pero tamén as súas aptitudes e incluso actitude á hora de procurar emprego.

Os datos avalan a eficacia do programa e a eficiencia da metodoloxía baseada nun deseño individual e personalizado de cada itinerario no que se descubran as potencialidades de cada persoa e se trace o camiño a seguir, así o informa a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro.

Mellorar as taxas de emprego en Ponteareas é un dos obxectivos prioritarios para a alcaldesa que xunto á concelleira de Emprendemento e ao delegado da Xunta deron tamén a benvida ao alumnado do 2º Programa Integrado de Emprego.

“Acompañar, apoiar e animar son parte dos principios que sustentan o empeño do goberno de Ponteareas en implantar políticas de emprego activas, programas e iniciativas que formen, habiliten e nutran ás persoas que procuran emprego” , así o traslada a alcaldesa de Ponteareas.

O Programa Integrado de Ponteareas persegue un coñecemento das persoas beneficiarias para descubrir as súas motivacións, cualidades e fortalezas para realizar un deseño da formación que deben recibir e logo acompañalos na procura de emprego.

Guiados por profesionais en formación e orientación laboral aprenden a afrontar unha entrevista de traballo, a redactar o seu currículo, descobren novas posibilidades, reciben formación en distintas materias tendo en conta a demanda do mercado laboral e adquiren seguridade á hora de relacionarse laboralmente. As e os técnicos do Programa Integrado de Emprego traballan en rede dun xeito colaborativo co tecido comercial e empresarial para atopar solucións laborais.

Ao longo dos meses de duración o Programa Integrado realiza un acompañamento integral e posibilita a realización de prácticas en diferentes empresas da contorna. Ao remate do curso as persoas participantes terán adquiridos coñecementos de ferramentas de procura de emprego, atención ao público, carretilleira/o, albanelería, hostalaría, atención ao cliente, caixeira, almacén e loxística, operario automoción. fontanería, electricidade e recursos dixitais entre outros moitos pero sobre todo, seguridade en si mesmo para crer nas súas capacidades, sendo ese o éxito do programa.

Relacionadas

Regresan as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega durante a Ponte da Constitución

0
A oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega sempre tiveron unha excelente collida entre veciños e visitantes que escollen A Guarda ou...

Black Friday mosense, solidario con Valencia

0
Os 34 microondas comprados por asociacións, empresas e particulares xa chegaron a destino e se atopan dando servizo ao pobo valencián afectado pola Dana A...

A música do Conservatorio e da Escola de Música de Tui súmase á maxia...

0
O Teatro Municipal e o novo espazo cultural da rúa Camilo José Cela serán os seus escenarios os días 11, 17, 18 e 19...

A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa...

0
A deputada provincial María Ramallo presentou a actividade, que está enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co...

Luis López súmase á convocatoria da Xunta de Galicia no acto “Queremos Ave Vigo-Oporto”

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sumouse esta mañá no Auditorio de Afundación de Vigo ao acto convocado pola Xunta de Galicia...

O segundo mercado aberto de comercio local, Queda en Mos, arranca o venres co...

0
Ata 19 negocios mosenses estarán co seu producto do 6 ao 8 de decembro no Pazo de MosMúsica, actividades en familia, obradoiros e artesanía...

Publicacións Relacionadas