Home Pontevedra Baixo Miño Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

- Anuncio -
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2

O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade pasando do actual sistema de lámpadas de vapor de sodio por luminarias con tecnoloxía led co que se mellorará a eficiencia enerxética, se deixarán de emitir máis de 51 toneladas de C02, e se aforrarán máis de 17 mil euros ao ano.

Deste xeito o Concello de Tui amosa o seu compromiso co medio ambiente e coa  loita contra o cambio climático. Esta actuación suporá un investimento de 61.417, 18 €, financiados con fondos propios con cargo á partida correspondente dos Orzamentos de 2024. O cambio das luminarias será realizado por persoal municipal do Servizo de Electricidade do Concello de Tui.

En concreto serán substituídas 238 luminarias.  Deste total 139 están situadas na N-550 no tramo comprendido dende a coñecida coma Ponte de Magnolia, en Rebordáns, até  a rotonda que da acceso á autovía A55 en Alvelos, Guillarei. Outras 83 luminarias e 4 proxectores serán cambiados na Po-304 dende a Sombraboa, ao final da rúa Colón, até Matelo, Randufe no cruzamento con Malvas. Outras 30 luminarias están situadas en pleno centro urbano nas rúas Compostela, Casal Aboy e Maristas.

O cambio a tecnoloxía led das actuais lámpadas de vapor de sodio conlevará  un aforro drástico de 144.000 kWh/ano e o que na parte económica supoñerá   17.200 € menos anualmente.  A todo isto hai que sumar o aforro derivado da vida útil das lámpadas, xa que as de vapor de sodio tiñan unha duración de 12 mil horas, e as de led, que van ser instaladas, funcionan entre 50 mil e 100 mil horas. O cambio de tecnoloxía permitirá tamén deixar de emitir 51,46 toneladas de CO2 á atmosfera.

Con esta acción o Concello de Tui reitera o seu compromiso na loita contra o cambio climático coma membro do PACES – Plan de Acción por el Clima y la Energía Sostenible

En concreto o Pacto dos Alcaldes ou Alcaldías para o Clima e a Enerxía Sostible é un compromiso que pretende achegar os obxectivos enerxéticos marcados por Europa aos municipios de todos os países europeos, comprometéndose a actuar para alcanzar o obxectivo da Unión Europea de reducir nun 40% os gases de efecto invernadoiro de aquí a 2030, así como promover a adopción de medidas conxuntas para a atenuación do cambio climático e a adaptación a este.

Relacionadas

Regresan as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega durante a Ponte da Constitución

0
A oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega sempre tiveron unha excelente collida entre veciños e visitantes que escollen A Guarda ou...

Black Friday mosense, solidario con Valencia

0
Os 34 microondas comprados por asociacións, empresas e particulares xa chegaron a destino e se atopan dando servizo ao pobo valencián afectado pola Dana A...

A música do Conservatorio e da Escola de Música de Tui súmase á maxia...

0
O Teatro Municipal e o novo espazo cultural da rúa Camilo José Cela serán os seus escenarios os días 11, 17, 18 e 19...

A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa...

0
A deputada provincial María Ramallo presentou a actividade, que está enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co...

Luis López súmase á convocatoria da Xunta de Galicia no acto “Queremos Ave Vigo-Oporto”

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sumouse esta mañá no Auditorio de Afundación de Vigo ao acto convocado pola Xunta de Galicia...

O segundo mercado aberto de comercio local, Queda en Mos, arranca o venres co...

0
Ata 19 negocios mosenses estarán co seu producto do 6 ao 8 de decembro no Pazo de MosMúsica, actividades en familia, obradoiros e artesanía...

Publicacións Relacionadas