O Concello de Ourense vén de recibir o respaldo xudicial para recuperar a posesión pública do subsolo da Praza de San Antonio, espazo no que actualmente se sitúan un aparcadoiro e varios garaxes de edificios. un auto xudicial emitido este mes, que recoñece que esta área debe seguir sendo de titularidade pública e polo tanto, de todos os ourensáns.
O auto establece dous puntos fundamentais:
1. Autoriza o Concello a recuperar a posesión pública do subsolo da praza, que nunca debeu deixar de estar baixo titularidade municipal.
2. Accede a solicitude do Concello para evitar a demolición das construcións existentes, protexendo así as estruturas xa edificadas e limitando os danos físicos.
Esta problemática urbanística ten a súa orixe nunha operación impulsada polo daquela alcalde socialista Veiga Pombo, a través dun convenio entre a congregación relixiosa das Hermanitas de los Ancianos Desamparados e unha empresa privada. O acordo, cualificado como unha chapuza ilegal, foi posteriormente agravado polas decisións administrativas do popular Manuel Cabezas e tamén do socialista Paco Rodríguez.
Desde o Concello infórmase de que se traballará para minimizar os prexuízos a terceiros, como os propietarios de garaxes adquiridos de boa fe. Así mesmo, unha vez recuperada plenamente a posesión do subsolo, estudarase a licitación do aparcadoiro como servizo público que beneficie o conxunto da cidade de Ourense

