Na mesma sesión tamén se aprobaron dúas modificacións de créditos por import total de perto de 7 millóns de euros
– O Pleno do Concello de Ourense vén de aprobar hoxe en sesión extraordinaria, os Orzamentos Xerais do Concello de Ourense e do seu Organismo Autónomo “Consello Municipal de Deportes” para o exercicio 2025, cun importe total de 115.894.828,82 euros, fronte aos 103 millóns de euros de 2020. Isto supón un incremento do 12,4%, que responde ao aumento acumulado do custo de vida (20,2% segundo o IPC) e á necesaria actualización dos prezos e custos municipais.
O novo orzamento non inclúe investimentos directos, que serán financiados con cargo ao remanente de tesourería, e preséntase como un instrumento adaptado á realidade actual do municipio. A aprobación inclúe tamén unha modificación nas bases de execución orzamentaria, orientada a reducir prazos administrativos, simplificar trámites e optimizar recursos públicos.
Entre os principais datos destacan:
– Incremento do capítulo de persoal dun 26%, pasando de 31,5 a 39,8 millóns de euros, dando solución a problemas arrastrados desde 2014.
– Aposta pola modernización da cidade, o gasto social e a humanización dos espazos urbanos.
– Optimización do gasto corrente e maior axilidade na xestión.
Durante a sesión plenaria foron presentadas diversas emendas polos grupos da oposición:
– O Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentou unha emenda á totalidade do proxecto orzamentario.
– O Partido Socialista presentou dúas emendas ao articulado, das cales unha foi inadmitida por romper co principio de equilibrio orzamentario e a outra pola súa incompatibilidade coa Base 38 das bases de execución.
Finalmente, as emendas que presentou o Partido Popular foron retiradas
Os votos do grupo de gobernó de Democracia Ourensana e a abstención do Grupo Popular, permitiu a aprobación definitiva do proxecto orzamentario pese ao voto en contra de socialistas e nacionalistas.
A concelleira de Facenda, Tamara Silva, destacou que “estes orzamentos responden á realidade e ás necesidades do Concello de Ourense. O cambio nas bases de execución permitirá reducir prazos, axilizar trámites e optimizar os recursos municipais. Apostamos pola modernización da cidade, por un gasto social responsable e pola xestión eficiente. Son unhas contas deseñadas para dar resposta á cidadanía con criterios de racionalidade, economía e legalidade”.
Na mesma sesión tamén se aprobaron dúas modificacións de crédito:
A 2P72025 relativa a gastos de natureza social e por un importe de 1.713.9022,50€ que contou ademaís de Democracia Ourensana, co apoio do grupo municipal socialista. PP e BNG abstuvéronse
Tamén saiu adiante a 3P72025 tan soio co voto favorable do grupo de goberno (a Oposición abstúvose) relativa a Parque Ponte Canedo por un importe de 5.195.734,45 €

