Podemos Ourense denuncia a aprobación duns orzamentos inútiles para a cidadanía co apoio do PP como muleta de Jácome

adminON
Lectura mínima de 3

Desde Podemos Ourense queremos expresar o noso máis firme rexeitamento á aprobación este luns dos orzamentos municipais do Concello de Ourense, un proxecto que perpetúa a parálise, a improvisación e a política de espectáculo do alcalde Gonzalo Pérez Jácome. Estes orzamentos, aprobados grazas á abstención cómplice do Partido Popular, demostran unha vez máis que o PP actúa como muleta política de Democracia Ourensana, sostendo un goberno que leva anos gobernando de costas á cidadanía.

Estamos ante uns orzamentos que non dan resposta ás necesidades reais da veciñanza, e que confirman a desconexión total deste goberno co que está a acontecer nos barrios:

  • Non se inclúen actuacións nin partidas claras para resolver os graves conflitos sociais do barrio do Puente nin do Pino, que seguen totalmente abandonados pola administración local.
  • Non se contempla ningunha política pública de vivenda digna, nin medidas para facer fronte á escalada do prezo do alugueiro, nin para ampliar o parque d vivenda social en Ourense, nun momento de auténtica emerxencia habitacional.
    “Nunha cidade onde o alugueiro non para de subir, é indecente aprobar uns orzamentos que non dedican un euro a ampliar a vivenda social’’ afirmou Francisco Diéguez ante a militancia de Podemos.
  • Non hai estratexias nin recursos para a prevención, atención e reinserción das persoas sen fogar ou con problemas de drogodependencia, que continúan a ser ignoradas por completo.
  • Non se aposta por un modelo de mobilidade sostible, nin se reforzan os servizos sociais nin os espazos comunitarios nos barrios.
    Son uns orzamentos pensados para manter o espectáculo, non para mellorar a vida da xente.
    Ademais, o papel da oposición institucional é profundamente decepcionante. O PSOE e o BNG, co seu inmobilismo e falta de valentía política, demostran que non son alternativa real de goberno. Limitáronse a xesticular sen ofrecer unha proposta crible para a maioría social ourensá. ‘’A súa incapacidade para articular unha resposta conxunta e transformadora confirma que sen Podemos non hai alternativa en Ourense’’ tal e como afirmou Diéguez.
  • Desde Podemos Ourense reiteramos que a nosa cidade precisa un cambio de rumbo con urxencia, con políticas valentes, ao servizo das maiorías sociais, e coa implicación activa da cidadanía
Comparte este artigo