As bibliotecas municipais da Ponte, San Francisco e A Carballeira acollerán este verán espectáculos de contacontos

adminON
Lectura mínima de 2

Están organizados polo Concello en colaboración co programa  “Ler conta moito” da Xunta de Galicia

As bibliotecas municipais do Concello de Ourense acollerán durante este verán espectáculos de contacontos para a cativada, organizados polo Concello en colaboración co programa  “Ler conta moito” da Xunta de Galicia. Serán 7 representacións, que se levarán a cabo durante os meses de xullo e agosto, nas bibliotecas da Ponte, San Francisco e A Carballeira. As persoas interesadas poden inscribirse acudindo en persoa ou chamando por teléfono ás bibliotecas

Biblioteca municipal da Ponte

Praza Mestre Luis Fernández, s/n 988605751

  • Martes, 8 de xullo: “O Grúfalo” (de 11.00 a 12.00 h) con Carmen Domech.
  • Martes, 22 de xullo “Brincadeira pirata” (de 11.00 a 12.30) con Galerna Crúa.
  • Venres, 29: “Contamúsicas” (de 11.00 a 12.00 h) con Raquel de Ana.

Biblioteca municipal de San Francisco   

Explanada de San Francisco, s/n 988230124              

  • Xoves, 10 de xullo: “Pequeño cabaret infantil” (de 11.00 a 11.50 h ) con Nelson Quinteiro.
  • Martes, 19 de agosto: “Unha armadura con ferruxe” (de 11.00 a 11.45 h) con Garabato de Xogos.

Biblioteca municipal da Carballeira

Praza Sagrado Corazón, s/n teléfono  988253893

  • Venres, 18 de xullo : “Viaxa cos libros” (de 11.00 a 12.00h) con Manuel Solla. 
  • Martes, 26 de agosto: “Noa no espello” (de 11.00 a 11.50 h) con Sabela.

As bibliotecas abren ao público desde o 15 de xuño até o 15 de setembro, de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.

Comparte este artigo