Unha axente da Policía Local de Ourense auxilia un bebé que tiña obstruídas as vías respiratorias

adminON

Unha axente da Policía Local de Ourense auxiliou un bebé que requiría atención urxente a causa dunha obstrución das vías respiratorias.

O pasado venres, 11 de abril, ás 22.05 horas, cando desenvolvía as súas funcións ordinarias dentro do edificio da Xefatura da Policía Local, un axente advertiu a presenza dun grupo de persoas visiblemente nerviosas, portando unha delas un bebé, que se aproximaban de forma apresurada solicitando auxilio de maneira urxente.

Ante esta situación, o axente abriu a porta de acceso e solicitou por emisora a presenza urxente dunha ambulancia medicalizada. A axente coordinadora do servizo aproximouse ao lugar e observou que o lactante presentaba claros signos de obstrución das vías respiratorias, polo que procedeu a colocalo en posición de seguridade e realizar a manobra de desobstrución, conseguindo que o lactante recuperase a capacidade respiratoria.

Compareceu a ambulancia medicalizada e o bebé foi trasladado ao Complexo Hospitalario de Ourense, co fin de realizar unha observación completa.

Comparte este artigo