O Festival de Panxoliñas e Canción Tradicional de Nadal contará coa actuación de oito agrupacións

adminON
Lectura mínima de 1

O Auditorio da Xunqueira acolle esta fin de semana, os días 21 e 22 de decembro, unha nova edición do Panxoliñas e Canción Tradicional. O concertos comezarán o sábado ás 18.00 horas coas actuacións do Coro Tradicional Tirapuxa Trasmañó, a Coral San Estevo e a Coral da S.L.C. de Reboreda. O domingo o festival comezará ás 17.30 horas, coas actuacións das corais O Piñeiral de Chapela, Pedra Blanca de Cesantes, A Raiña de Cedeira, Coral Ondas do Mar de Vigo e Coral Polifónica de Soutomaior.

O festival, para todos os públicos e con entrada de balde, forma parte da programación de Nadal do Concello de Redondela, no que participan agrupacións musicais das diferentes parroquias do municipio.

Comparte este artigo