O concello de Nigrán informa dos cortes de tráfico con motivo da Vig-Bay este domingo

Redacción
Lectura mínima de 1

O Concello de Nigrán, a través da Policía Local, informa do deseño dun plan especial de tráfico con motivo da celebración da XXV Medio Maratón Gran Bahía Vig–Bay & V Minibay durante toda a mañá deste domingo 12 de abril. Consecuentemente, a partir das 8:30 horas quedarán cortadas á circulación as rúas Castelao, Arquitecto Palacios, Gondomar, Cidade de Vigo, Avenida Playa América, Chans, Lourido Beiramar e Foz, sumándose ao corte ás 9:00 horas a rúa Torrente Ballester e Estrada pola Vía desde a súa confluencia de Nigrán co termo municipal de Vigo ata a Avda.Castelao. O peche manterase ata a finalización da proba deportiva, previsiblemente sobre as 13:00 horas, quedando establecido para a veciñanza os seguintes lugares de paso a partir das 9:00 horas:

– Punto de saída para os residentes da rúa Cova (Priegue) na glorieta de Prado cara o Torreiro.

– Punto de entrada e saída para a veciñanza de Panxón na glorieta da rúa Mariñeiro (ao carón do cemiterio).

Comparte este artigo