A churrrería Santa Tecla súmase á venda en beneficio das Festas do Monte 2026

Redacción
Lectura mínima de 1
  • Este posto súmase á foodtruck de Juan Collazo da tarde do sábado na praza Avelino Vicente

A churrería Santa Tecla de Sonia Barbosa súmase o próximo sábado á foodtruck da praza de Avelino Vicente. Este posto ofrecerá churros e chocolate quente para completar a cea co sándwich “Galicia en pan” de Juan Collazo.

Trátase dunha colaboración coa Comisión das Festas do Monte, polo que parte do prezo de 4€ por ducia de churros irá destinado á organización, así como do resto da oferta do posto.

Agardámosvos o próximo sábado 4 de abril de 19:00 a 23:00 na praza de Avelino Vicente. Esta actividade conta coa organización e colaboración do Concello da Guarda.

Comparte este artigo