A Guarda celebrou este mércores 19 de xuño a Festa Miudiña no castelo de Santa Cruz para todo o alumnado de Infantil e Primaria do concello.
Ao castelo tamén se achegaron os Bolechas, que, sen dúbida, foron os protagonistas. Pequenos e grandes, tamén monitores e profesores, quixeron saudar e sacarse fotos con eles.
As actividades foron moi diversas, desde as máis lúdicas ata as máis educativas. Os inchables eran das paradas máis desexadas, pero a diversión tamén se atopaba en xogos tradicionais (rá, sacos…) e en talleres plásticos.
Trátase dunha actividade organizada polo Concello da Guarda en colaboración coa Deputación de Pontevedra, Alalá Sociedade Cooperativa, AGA Formación, Diviertt, A Esgalla, as ANPAS e o profesorado. Agradecemos a todos e todas a súa implicación e traballo para que esta actividade fora todo un éxito.

