O concello de Salvaterra lanza o obradoiro Muller Activa

adminON
Lectura mínima de 1

Serán dúas xornadas con actividades físicas ó aire libre dirixido a mulleres.   

O Concello de Salvaterra de Miño que ven de organizar o curso de defensa personal para  mulleres durante o mes de abril e un obradoiro de Mindfulness durante o mes de maio  continúa coa programación de actividades para mulleres dentro das accións planificadas  pola Concellería de Igualdade e enmarcadas na subvención do Pacto de Estado contra a  violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade. 

Nesta ocasión lanza Muller Activa, un programa de actividades ó aire libre no Espazo  Termal de Teáns Oleiros dirixido a mulleres o cal se levará a cabo en dúas xornadas. A  primeira o 8 de xuño será de ioga e hipopresivos e a segunda o 15 de xuño un  entrenamento de forza e zumba. 

Nas dúas xornadas haberá tres grupos que desenvolverán a actividade nas seguintes  horas: 10:00, 11:10 e 12:20 horas da mañá.

Comparte este artigo