O concello de Salvaterra organiza unha charla para estudantes para reducir o estrés en época de exames

adminON
Lectura mínima de 0

O vindeiro luns 20 de maio o Concello de Salvaterra de Miño organiza unha charla sobre  “Como abordar o estrés e a ansiedade nos mozos no momento dos exames”, unha charla  dirixida a adolescentes en época de exames.  

Impartida pola psicóloga Laura Fernández terá lugar o luns 20 de maio na Biblioteca  Municipal de Salvaterra de Miño de 19:30 a 21:00 horas.

Comparte este artigo