A inscrición será o mércores 24 de abril de 9:00 a 14:00 na Oficina de Turismo de Panxón. Teñen prioridade as persoas empadroadas en Nigrán e o custe total é de 120 euros
O Concello de Nigrán ofrece unha excursión ás pasarelas do Mondego (centro de Portugal) os días 4 e 5 de maio con prioridade para as persoas empadroadas no municipio. Esta inclúe unha visita á vila de Guarda (Portugal), Ciudad Rodrigo (Salamanca) e o roteiro de 12 km polas pasarelas do Mondego (dificultade media-alta, premio de Turismo ‘World Travel Awars 2024’). O prezo é de 120 € por persoa e inclúe transporte en autocar, aloxamento en hotel de 4 estrelas (suplemento de 30 € se se require habitación individual), xantar en restaurante (un día), picnic para o roteiro e entrada e os seguros de viaxe. A inscrición será o mércores 24 de abril de 9:00 a 14:00 na Oficina de Turismo de Panxón. Para calquera dúbida ou consulta o teléfono é 699859418.
As Pasarelas de Mondego están situadas no municipio portugués de Garda, nun territorio recoñecido pola UNESCO como Geoparque Estrela. É un roteiro dun 12 km, ao longo do río Mondego, e pasa por lugares como Videmonte, Trinta, Vila Soeiro e Barragem do Caldeirão. O carreiro, de singular beleza, ofrece aos camiñantes paisaxes impresionantes e inclúe cruces, pasarelas e pontes colgantes. Para os máis valentes, tamén existe a oportunidade de cruzar un tobogán.

