Arrinca a tempada de competición Interescolar, Escolar e Promoción na ximnasia rítmica en Galicia e o club do Val Miñor, Club Ximnasia Ritmica As Ronseis de Nigrán faio da mellor maneira posible

adminON
Lectura mínima de 2

Arrinca a tempada de competición Interescolar, Escolar e Promoción na ximnasia rítmica en Galicia e o club do Val Miñor, Club Ximnasia Ritmica As Ronseis, con sede no polideportivo Xurxo Otero de Nigrán faio da mellor maneira posible.
O pasado 6 de abril acoden a Celanova para disputar a I Fase Provincial Interescuelas onde o equipo Benjamin e o equipo Alevín álzanse con dous merecidismos 2º postos, o conxunto Infantil rozou o podium quedando finalmente en 4º posto.

Onte disputouse en Marín a primeira I Fase do Campionato Provincial Escolar e Promoción organizado pola federación galega de ximnasia rítmica e volveron de Nigrán cun gran sabor de boca e orgullosas do traballo realizado sobre o tapiz.
O equipo Prebenjamín subiu ao podium en 2º posición e os equipos Alevín e Infantil alzáronse co metal máis pesado, o 1º posto. Doutra banda en modalidade individual nosa Prebenjamín proclamouse campioa e nosa ximnasta Alevín subcampioa.

Destacar que o Club As Ronseis comeza a adestrar no pavillón Xurxo Otero esta tempada 2023/2024 grazas ao apoio incondicional por parte do Concello Nigrán coa compra dun tapiz regulamentario de competición e sumado ao gran traballo realizado polas adestradoras Nahir e Carla, fixo que se vexa reflectido nestas primeiras fases da competición, a esperas do que ocorra na segunda fase todos os equipos están clasificados para os Campionatos Galegos.

Comparte este artigo