O Concello da Guarda presenta a programación Primavera entre Letras, unha completa programación en torno á literatura e o libro para os meses de abril e maio.
Tendo como ingredientes principais os hitos do Día do Libro que se celebra o 23 de abril e das Letras Galegas o 17 de maio, estas dúas datas estarán unidas por unha chea de actividades, que pensadas para tódolos públicos e gustos amenizarán este inicio de primavera con entretemento, libros e literatura.
O mes de abril caracterizarase por traer cada sábado unha proposta diferente, con dúas actividades para crianzas, os días 6 e 20 de abril, un Museo de Poesía o día 13, que nos amosará a obra de diferentes autores dun xeito diferente e divertido; unha sesión de contos e historias de Doña Emilia Pardo Bazán o día 27. Estas propostas virán complementadas coa celebración do Dïa do Libro, no que se poderán mercar os libros nas nosas librerías cun 10% de desconto, ademais de obter un pequeno agasallo de recordo do día. Ese mesmo día dará comezo así mesmo a xa consolidada Ruta do Libro, que cao longo dun mes permitirá obter un agasallo especial a todos aqueles que merquen libros por un valor de 30€ nas nosas librerías e logo visiten a Biblioteca Municipal.
O mes de maio estará mais marcad polo Día das Letras Galegas e así as diferentes propostas irán encamiñadas á difusión da nosa literatura e a nosa lingua. As citas principais neste mes serán a realización dunha Exposición de obras literarias de Castelao e a celebración de dúas xornadas festivas, unha delas dirixida á mocidade guardesa e que se desenvolverá nos xardíns do IES A Sangriña e outra que se extenderá durante todo o día o domingo 19 de maio na Praza do Reló e que pretende render unha festa á nosa lingua e a nosa cultura cunha variada selección de actividades.
PROGRAMA
Sábado 6 de abril.- 12h.- Biblioteca Municipal
Contacontos “Escola de Dragóns”, en conmemoración do Día do Libro Infantil
Sábado 13 abril.- 19h. Centro Cultural
Museo de poesía. A cargo da Asociación FOCO EUROPA
Luns, 15 de abril. – 20h. Centro Cultural
Presentación do libro “Cuaderno de viaje al País Natal”, de Alfonso Armada
20 de abril. -18h. No Centro Cultural
Obra de teatro infantil “As Fábulas da Montaña”, sobre contos de Concepción Arenal
23 abril.- Librerías da vila
Día internacional do libro. Desconto do 10% nas librerías da vila
23 abril- 25 maio. Librerías da vila
IV Ruta do Libro. Polo gasto mínimo de 30€ en libros nas librerías da vila, recolle un agasallo na Biblioteca Municipal. Infórmate na túa librería.
27 abril.- 20:30h. Centro Cultural
Doña Emilia e señora Carme: dúas señoras de conto. A cargo de Cris de Caldas
Do 6 ao 20 de maio. Casa dos Alonso
Exposición de obras de Castelao
16 de Maio. IES A Sangriña
Festival das Letras
19 de Maio. Praza do Reló
Festa das Letras
Xornada festiva con actividades para crianzas, sesión vermout e peche cunha Sesión de cultura tradicional

