A Policía Local do Concello de Ourense informa que a celebración da manifestación do 8M, Día Internacional das Mulleres, requirirá pechar ao tráfico, mañá, venres, 8 de marzo, minutos antes das 20.00 horas, a rúa Curros Enriquez, no tramo comprendido entre Xoán XXIII e a Avenida da Habana (fronte á Subdelegación de Goberno). Os autobuses urbanos desviaranse por Xoán XXIII – Avenida da Habana e Curros Enríquez.

