A rúa Ribeira de Canedo estará pechada ao tráfico mañá, venres, por obras de mellora da accesibilidade

adminON
Lectura mínima de 0

A rúa Ribeira de Canedo, no barrio da Ponte, estará pechada ao tráfico rodado mañá, venres, 1 de marzo, pola execución das obras do proxecto de mellora da accesibilidade que está a realizar o Concello. Habilitarase dobre sentido de circulación desde a rúa Rosalía de Castro cara a rúa Vicente Risco e a Avenida das Caldas para as persoas residentes e vehículos de emerxencias.

Comparte este artigo