HomeA CoruñaOs Reis Magos percorren as parroquias de Brión a bordo dun autobús...

Os Reis Magos percorren as parroquias de Brión a bordo dun autobús de época

- Anuncio -spot_img

Os Reis Magos están a visitar as nove parroquias de Brión, a bordo dun autobús de época e repartindo lambonadas entre os pequenos. A xornada comezou con complicacións, pois as fortes xeadas desta noite impediron á comitiva real chegar ata o primeiro punto de encontro: Cornanda, a onde chegaron unha hora despois e a bordo do coche de Protección Civil.
Esa incidencia non impediu que as Súas Maxestades foran recuperando tempo, ata rematar en Boullón na hora prevista. Para a tarde quedan as visitas á parte baixa do municipio, xa sen problemas de xeo. O percorrido da tarde dará comezo ás 16:00 horas no adro da Igrexa de Bastavales, para continuar ás 17:00 horas na contorna da capela de San Salvador. Despois, a comitiva fará dúas paradas na parroquia dos Ánxeles: ás 17:45 horas na contorna da capela do Tremo e ás 18:45 horas no adro da Igrexa dos Ánxeles. O percorrido rematará ás 19.45 horas na carballeira de Santa Minia.

Publicacións Relacionadas