Home Deputacións Deputación Lugo A Deputación apuntala unha parte da fachada da Casa da Botica tras...

A Deputación apuntala unha parte da fachada da Casa da Botica tras sufrir un derrubamento parcial este domingo

- Anuncio -

Técnicos da institución provincial e a empresa adxudicataria da construción do centro de maiores traballan xa dende primeira hora para reforzar e consolidar a estrutura, presumiblemente afectada polo forte temporal de vento destes dí

A Deputación solicitou hoxe mesmo informes á dirección de obra, á dirección de execución e á empresa encargada das obras para determinar as causas do derrubamento e adoptar todas as medidas necesarias para continuar os traballos con seguridade
A Deputación de Lugo mobilizou a primeira hora da mañá deste domingo a técnicos da institución provincial e á empresa adxudicataria das obras do centro de atención a maiores de Guitiriz co fin de executar os traballos precisos para apuntalar, reforzar e consolidar unha parte da fachada da Casa da Botica logo de sufrir hoxe un derrubamento parcial.

A caída do muro aconteceu no alzado dereito da fachada principal e puido deberse presumiblemente ao forte temporal de vento destes días, que puido facer efecto vela e empurrar a estrutura, provocando o seu desprendemento e derrubo.

A institución provincial solicitou hoxe mesmo informes de avaliación do acontecido á dirección da obra, á dirección de execución e á empresa encargada da construción da residencia, co obxectivo de determinar as causas que provocaron este derrubamento parcial e adoptar todas as medidas necesarias que permitan continuar as obras con seguridade.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

Deputación e Porto de Vigo exploran novas vías de colaboración conxunta para revitalizar a...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reuniuse este martes co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, a fin de explorar...

A Deputación avanza nas obras de ensanche e mellora da seguranza viaria na estrada...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, visitou xunto co alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, o tramo de 1.200 metros...

A Deputación aprobará este venres unha achega de máis de 176.000 euros para a...

0
O municipio arousán é o Concello máis beneficiado da Provincia do plan provincial para a mellora das instalacións deportivas ao ter asignados un total...

Publicacións Relacionadas