A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, acaba de reunirse na sede de Vigo co presidente da Federación Provincial de Hostalería (FEPROHOS), César Ballesteros, e a súa xerente, Beatriz Carballido. Durante a xuntanza, a vicepresidenta provincial amosou a vontade de establecer vías de colaboración con Feprohos, analizando proxectos de interese conxunto que se poden impulsar na provincia.

