- As inscricións xa están abertas no mail informacion@aguarda.es
A OMIX do Concello da Guarda continúa coa organización de obradoiros gratuítos para diversificar a oferta do ocio da mocidade na nosa vila.
Para o próximo sábado 25 de abril, de 10:00 a 13:00h, haberá un obradoiro para realizar un ramo seco, que estará dirixido polo estudio floral Beltane.
O obradoiro ten unha parte teórica, unha parte de demostración e a última parte práctica onde as persoas participantes elaboran o traballo e reciben axuda e apoio para solucionar as súas dúbidas.
Deste xeito, aprenderán o nome das especies utilizadas, a mellor forma de conservar o traballo ou a teoría da cor detrás da combinación escollida antes de pórse mans á obra.
As prazas son limitadas e terá prioridade a mocidade, aínda que estará aberto ao público xeral se hai prazas. A inscrición xa está aberta ata o próximo luns 20 a través do mail da OMIX: informacion@aguarda.es.

