Taller de musicoterapia en Baredo

Redacción
Lectura mínima de 1

O Concello de Baiona, en colaboración con AFAGA Alzheimer, organiza un Taller de Musicoterapia pensado para todas as persoas maiores de 18 anos que queiran desfrutar dos beneficios da música.

O Centro Cultural de Baredo acollerá todos os xoves, do 16 de abril ao 21 de maio, un taller de musicoterapia, onde as persoas asistentes poderán estimular á memoria recente, fomentar a atención e concentración a través da música. Así como tamén mellorar o nivel de autoestima e mellorar as relacións sociais, desenvolvendo un sentimento de cohesión grupal.

O taller realizarase en horario de 10.00 as 11.30 horas no Centro Cultural da parroquia baionesa e o obxectivo desta iniciativa é prever e axudar a incrementar e restablecer a saúde física e mental a través da música.

As persoas interesadas poderán inscribirse poñéndose en contacto con Begoña, presidenta do Centro Cultural.

Comparte este artigo