Salvaterra milenaria contará este ano cun mercado e actividades no recinto amurallado

Redacción
Lectura mínima de 1

A programación terá lugar o vindeiro 24 de maio e contará con postos e actividades para nen@s e familias.

O vindeiro 24 de maio celebramos os máis de mil anos de historia da vila de Salvaterra de Miño, xa que o primeiro documento escrito que fai referencia a esta localidade foi asinado o 24 de maio do ano 991.

Con motivo desta celebración, o Concello de Salvaterra de Miño prepara diferentes actividades no recinto amurallado pensada para tod@s.

Nesta ocasión dende a Concellería de Cultura organízase un mercado-exposición onde comercios, artesáns ou asociacións interesados poderán participar deste evento que terá lugar o domingo 24 de maio de 10:00 a 14:00 horas.

Ademais o Concello de Salvaterra tamén ten programadas actividades para @s nen@s con xogos populares e actividades familiares.

Aquelas persoas interesadas en participar no mercado-exposición deberán enviar os seus datos a seguinte dirección de correo electrónico comunicacion@concellodesalvaterra.org

Comparte este artigo