Home A Coruña As Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra manteñen a proposta do 1%...

As Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra manteñen a proposta do 1% hostaleiro para un Fondo de Rescate Común de 140 millóns de euros

- Anuncio -

Cren que a rectificación da Xunta, que anuncia agora un incremento da súa achega ata os 75 millóns pola presión do mundo local e do sector, segue sendo insuficiente porque representa só o 0,64% dos 11.663 millóns de orzamento da administración autonómica
As tres deputacións manteñen o compromiso de achegar o 1% dos orzamentos ao fondo de rescate, proposta reúne cada vez un maior consenso. Representantes do sector e as principais cidades galegas respaldan a fórmula e estarían dispostas a sumarse
As deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra manterán esta tarde, na reunión convocada polo Clúster de Turismo de Galicia, a súa proposta de achegar o 1% dos orzamentos das administracións galegas en 2021 a un fondo común de rescate da hostalaría, e instarán á Xunta a “chegar tamén a este 1% hostaleiro”. As institución provinciais cren que a rectificación do Goberno galego, que anuncia agora un incremento da súa achega ata os 75 millóns, pola presión do mundo local e do propio sector, segue sendo insuficiente porque representa só o 0,64% dos 11.663 millóns de orzamento da administración autonómica.
Este incremento que agora anuncia a Xunta avala a postura que boa parte das administracións locais galegas veñen defendendo desde o inicio das negociacións: que a achega autonómica era claramente insuficiente para atender a un sector que atravesa unha situación crítica, tendo en conta que é a administración que ten as competencias e conta cos recursos económicos, e, máis aínda, despois do peche total do sector que vén de decretar en toda a comunidade autónoma o Executivo galego.
As institucións provinciais da Coruña, Lugo e Pontevedra manterán o seu compromiso do 1% cun dos sectores máis afectados pola pandemia e esperan que a Xunta chegue tamén a esta porcentaxe na reunión convocada esta tarde polo Clúster de Turismo de Galicia, á que os representantes das deputacións acudirán “cos deberes feitos e con vontade construtiva, co obxectivo de chegar a un acordo de maneira inmediata que responda ás urxencias do sector”.
Respaldo das cidades
Á fórmula do 1% hostaleiro reúne cada vez un maior consenso institucional e tamén do sector. Así, á proposta véñense sumando publicamente nos últimos días as principais cidades e vilas galegas como A Coruña, Ferrol, Santiago, Vigo ou Lugo, dispostas a achegar tamén o 1% dos seus orzamentos para este plan de rescate coordinado en colaboración coa Xunta de Galicia e as deputacións, que elevaría notablemente o orzamento do fondo ata os 140 millóns de euros cun modelo “xusto e proporcional”, no que cada administración contribuiría en función do seu orzamento e que eliminaría burocracia e simplificaría a tramitación das axudas ao tramitarse a través dunha única solicitude.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas