- Os deputados nacionais, Irene Garrido, Pedro Puy e Juan Bayón, acompañados do voceiro do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez, da alcaldesa de Marín, María Ramallo e do presidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez, reclaman solucións inmediatas porque xa deixa de ser un problema técnico para converterse tamén nun problema institucional.
- “Estamos todos moi preocupados, xa que reiteradamente, esta autovía se inunda e perxudica tanto ao persoal que vive en Pontevedra, ás persoas que viven en Marín, e ao comercio e todo o transporte que tanto afecta ao Porto”, indicou Rafa Domínguez.
- O deputado nacional, Pedro Puy, indicou que a PO-11 é unha vía fundamental para o movemento da poboación e tamén para o movemento do tráfico portuario, e recurrentemente, cando coinciden determinadas circunstancias meteorolóxicas, a carretera inundase e cortase. “O último corte implicou que nada menos que 1.000 camións quedaran bloqueados sin poder acceder ao porto de Marín”, detallou
Os deputados nacionais do PP de Pontevdra, Irene Garrido, Pedro Puy e Juan Bayón, acompañados do voceiro do Partido Popular e vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, da alcaldesa de Marín María Ramallo e do presidente da Autoridade Portuaria de Marín, José Benito Suárez, compareceron hoxe para reclamar ao Goberno central que adopte solucións inmediatas para paliar os continuos cortes de tráfico da autovía de Marín producidos polos anegamentos e que afectan a centos de cidadáns, empresas e ao porto de Marín.
O voceiro do Partido Popular e vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, agradeceu a presenza dos 3 deputados nacionais e do presidente do porto de Marín, para para abordar un tema moi complexo. “Estamos todos moi preocupados, xa que reiteradamente, esta autovía se inunda e perxudica tanto ao personal que vive en Pontevedra, ás persoas que viven en Marín, e ao comercio e todo o transporte que tanto afecta ao Porto”.
Pola súa banda, o deputado nacional, Pedro Puy, indicou que a PO-11 é unha vía fundamental para o movemento da poboación e tamén, o que é moi importante, para o movemento do tráfico portuario, e recurrentemente, de forma estructural, cando coinciden determinadas circunstancias meteorolóxicas, a carretera inundase e cortase.
“O último corte implicou que, nada menos que, 1.000 camións quedaran bloqueados sin poder acceder ao porto de Marín, un porto de interés estatal, e iso a súa vez afecta non só ao traballo de todas as persoas que están no porto, senón tamén aos tráficos portuarios e a toda a actividad económica relacionada con el. Polo tanto, dado que sucede unha e outra vez, é fundamental facer obras, arranxar o problema e, dada esta recurrente situación, o que estamos facendo é preguntar ao Goberno se ten pensado algo, e no caso de que non teña previsto nada, instamos a que adopte unha solución o máis rápida posible, que comeze cos estudios técnicos e que ofrezan xa unha saída a algo que condiciona enormemente o movemento da poboación de Marín e Pontevedra, e tamén á importante actividade económica que se desenvolve no porto de Marín.
O 3 deputados nacionais presentaron no Congreso preguntas ante os repetitivos cortes de tráfico na autovía estatal PO-11 derivados de eventos hidrometeorológicos. Preguntan que solucións adoptará o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible, antes de que volvan repetirse os cortes nesta autovía e que solucións propón o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible para paliar os prexudiciais efectos que o peche da autovía PO-11 causa no Porto de Marín con repercusións na entrada e saída de mercadorías.
O Porto de Marín, cun tráfico de mercancías que chega a superar as 2,5 toneladas anuais, indica que a autovía é unha infraestructura fundamental como nodo portuario con peso real na cadea loxística e na economía. Cada episodio de peche da autovía afecta da orde de 1.000 camións, con repercusións na entrada e saída de mercadoría, na programación operativa e na accesibilidade terrestre do porto, que conta cun emprego directo de 3.000 persoas. Polo que cada interrupción do corredor repercute sobre transportistas, operadores, consignatarios, terminais, estaleiros, servizos auxiliares e, en último termo, sobre a imaxe de fiabilidade do porto fronte aos seus clientes e cadeas loxísticas
“Queremos con esta pregunta poñer de manifesto as consecuencias que implican os cada vez máis frecuentes cortes de tráfico desta autovía, que duran unha media dunhas cinco horas. A gravidade do problema non deriva unicamente da existencia de episodios de inundación ou peche, senón da súa repetición, do seu carácter xa cronificado e da insuficiencia das respostas ata o de agora expostas. Tendo en conta que, como exemplo, para o tráfico pesado non existen alternativas legais nin de capacidade nas devanditas respostas”, explicaron os populares
Recentemente, en febreiro de 2026 a autovía volveu rexistrar varios peches consecutivos por inundación mariña, evidenciando non só a extrema fraxilidade do corredor, senón tamén unha resposta inicial impropia dunha vía de acceso estratéxica. Estes recentes episodios obrigaron a unha procura descontrolada e masiva de alternativas inexistentes que xeraron un caos circulatorio, sobrecargaron a PO-546, que tamén sufriu cortes polas inundacións, tensionaron ligazóns en Mollavao e Praceres.
A consecuencia desta deterioración é evidente: o que para unha administración pode aparecer como unha incidencia episódica, para a cidadanía convértese na percepción acumulada de que unha infraestrutura esencial xa non garante un mínimo razoable de fiabilidade. Se o efecto sobre a cidadanía é severo, o impacto sobre a actividade económica e loxística resulta igualmente grave. Xa deixa de ser un problema técnico para converterse tamén nun problema institucional.

