● Esta operación posibilitará a presentación e aprobación de un novo orzamento municipal, xa elaborado
● A liquidación faise con remanente líquido de tesourería
● Todo con débeda 0 e a presión fiscal máis baixa de Galicia
O pleno do Concello do Porriño, aproba amortizar os préstamos para pago de facturas de gobernos anteriores, unha operación que e fai con cargo ao remanente líquido de tesourería obtido da liquidación do exercicio económico do 2025.
Explicaba en pleno o voceiro municipal, Carlos Martínez, o voceiro municipal, que isto é posible grazas a boa saúde financieira do concello, e logo da depuración que se fixo das facturas irregulares dos anteriores gobernos. Para por en contexto, lembrou que o anterior goberno municipal deixara “no caixón” 5,4 millóns de euros en facturas, das que a través dos xulgados ou de revisión contable, demostráronse irregulares case 3 millóns. O resto, 2,7 millóns de euros pagáronse a través de créditos ICO, que son os que se liquidan con este acordo plenario.
O Alcalde, Alejandro Lorenzo, destacaba que por primeira vez non existen facturas pendentes no concello do Porriño e que se está cumplindo o periodo médio de pago.
Todo con débeda 0 e coa presión fiscal máis baixa de toda Galicia.
Deste xeito, a administración quedará libre de cargas e poderá presentar un novo orzamento que será aprobado “o antes posible”, segundo desvelou xa o alcalde, Alejandro Lorenzo xa en roda de prensa: “así cumprimos a folla de ruta planificada reducindo a 0 esa débeda que nos deixou o anterior goberno, o que permitirá un aforro directo en xuros pero sobre todo a aprobación de ese novo orzamento”.
Novos investimentos
Ademais da liquidación do crédito, neste pleno extraordinario aprobouse tamén unha modificación orzamentaria para destinar fondos do remanente a proxectos de envergadura en diferentes parroquias. Trátase de importantes investimentos —algúns deles con subvencións provinciais e autonómicas— destinados á atención social, ao tecido asociativo, ao deporte, á cultura e á creación de novos espazos para a veciñanza.
Son novas obras que poderán ser pagadas cos aforros municipais, e tamén modificacións orzamentarias para facer fronte ás achegas municipais e a liquidación doutras: inversións do + Provincia ou da Xunta cofinanciadas polo concello, ademáis de “novas infraestruturas que son inéditas no Porriño e que anunciaremos no seu momento”, concluía o Alcalde.

