O Concello de Salvaterra de Miño informa da celebración dunha charla informativa dirixida á cidadanía sobre os recentes cambios no regulamento da Lei de Estranxeiría.
Unha vez entrado en vigor o procedemento de regularización masiva, e tendo en conta as múltiples dúbidas que esta nova situación pode xerar, o Concello, en colaboración coa
Asociación Provivenda e no marco do convenio asinado entre ambas entidades, organizará unha sesión informativa co obxectivo de achegar claridade, orientación e apoio ás persoas interesadas.
Esta iniciativa busca facilitar a comprensión dos novos procedementos administrativos, así como axudar a axilizar a tramitación das solicitudes, ofrecendo información actualizada e resolvendo cuestións prácticas relacionadas coa normativa vixente.
A charla terá lugar o vindeiro luns, 27 de abril, ás 09:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño.

