O concello de Nigrán apraza o concerto de “Noar 4” deste sábado para o domingo 24 de maio

Redacción
Lectura mínima de 1

O Concello de Nigrán vese na obriga de aprazar o concerto de Noar 4 previsto este sábado 25 de abril para o domingo 24 de maio (20:30, Auditorio Municipal) ante a indisposición dun dos seus músicos. Así, o cuarto ciclo ‘Primavera de Jazz’, inaugurado o pasado 28 de marzo polo pianista vigués Iago Vázquez, continuará ese domingo 24 de maio e finalizará o sábado 30 de maio con ‘Juzz’, banda liderada polo guitarrista Virxilio da Silva. Todos estes concertos son de balde ata completar aforo e contan co apoio da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do ‘Plan + Provincia’.

Comparte este artigo