“Serei candidato á alcaldía de Vila de Cruces en 2027”
Quero comunicar públicamente que me vou presentar como candidato á alcaldía de Vila de Cruces nas eleccións municipais de 2027.
Tomo esta decisión tras meses de reflexión e, sobre todo, animado polo apoio de moitos veciños e veciñas que me trasladaron a súa confianza para dar este paso.
A miña intención é liderar un proxecto independente, centrado únicamente en Vila de Cruces, na súa veciñanza e no seu futuro. Un proxecto baseado na proximidade, na xestión responsable e no compromiso co desenvolvemento do noso concello.
Afronto esta nova etapa con ilusión, responsabilidade e coa vontade de seguir traballando por Vila de Cruces, tal e como fixen durante a miña etapa no goberno municipal.
Nos próximos meses irei dando a coñecer as liñas principais deste proxecto, así como o equipo que me acompañará neste camiño.

