A Xunta promociona as bondades dos produtos do mar no partido entre o Frigoríficos do Morrazo e o Rebi Balonmán Cuenca

Redacción
Lectura mínima de 1

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asistiu ao encontro da Liga Asobal

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asistiu esta tarde ao encontro disputado entre o Frigoríficos do Morrazo e o Rebi Balonmán Cuenca, unha cita deportiva de primeiro nivel que contou co patrocinio do departamento autonómico no marco da campaña institucional GALICIA SABE AMAR, coa que se procura poñer en valor os produtos do noso mar.

Neste sentido, Villaverde subliñou a importancia da colaboración entre a administración pública e o ámbito deportivo xa que os produtos do mar e o deporte teñen moito en común, como “promover hábitos de vida saudables”.

A conselleira indicou que equipos como o de Cangas “non só representan á súa afección no terreo de xogo, senón que tamén exercen como embaixadores da cultura e das tradicións mariñeiras de Galicia, reforzando o vínculo entre o deporte e o territorio”.

Así mesmo, Villaverde concluiu que “a través destas accións conseguimos familiarizar á cidadanía cos produtos pesqueiros de alta calidade, ao tempo que damos a coñecer o traballo do sector marítimo-pesqueiro”.

Comparte este artigo