Nova semana de récord na III Ruta Pinchoterra con 20.000 pinchos servidos

Redacción
Lectura mínima de 1

Chega a última semana da III Ruta Pinchoterra despois de acadar un novo éxito de participación a pasada semana cando se serviron máis de 5.000 pinchos. Ata o momento a ruta conseguiu cifras récord cun total de 20.000.

Este xoves 30 de abril e o venres 1 de maio remata a cita gastronómica de Salvaterra de Miño. Última oportunidade para degustar as 24 propostas ofertadas e completar os pasaportes para entrar no sorteo de máis de 30 premios, entre eles, un primeiro premio de 200 euros, un segundo de 100 e un terceiro de 75 euros para consumir nos locais adheridos, 24 premios máis aportados polos establecementos e 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns-Oleiros.

Para coñecer os locais, os pinchos e os premios só hai que entrar en pinchoterra.concellodesalvaterra.com e descubrir máis da ruta que xa conquistou o paladar dos veciños e veciñas de Salvaterra e tamén da comarca e do país veciño.

Comparte este artigo