O Concello de Salvaterra de Miño informa que xa está aberto o prazo para presentar as solicitudes para o bar das Festas do Cristo, os postos de comida e bebidas para O Son da Muralla, Imos de Guateque, Festa do Viño do Condado do Tea e Festa do Viño Espumoso. Todos os interesados poderán consultar a documentación necesaria no perfil do contratante.
Os postos que saen a concurso son o de bar, postos de embutidos, de venda de marisco, asado, churrasco, polvo, filloas, xamón, taperías, postres, pizzas ou empanadas, postres e postos libres.
O prazo para presentar as solicitudes é de 10 días naturais, polo tanto rematará o vindeiro día 7 de maio ás 13:00 horas.

