Home A Coruña A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais ao encoro...

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais ao encoro de Rosadoiro, no concello de Arteixo

- Anuncio -

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos localizaron este foco que infiltraba ao terreo nas inmediacións dun rego que desemboca neste encoro en Oseiro
Augas de Galicia solicitoulle a adopción de medidas ao Concello, que procedeu á reparación da rotura no colector municipal

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais ao encoro de Rosadoiro, no concello de Arteixo.

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, que desenvolve Augas de Galicia, localizaron este foco que infiltraba ao terreo nas inmediacións dun rego que desemboca no encoro de Rosadoiro, en Oseiro.

Augas de Galicia solicitoulle ao Concello a realización das actuacións necesarias para eliminar estes aportes contaminantes.

O Concello de Arteixo procedeu á reparación da rotura no colector municipal, carencia que estaba a ocasionar o filtrado.

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos levaron a cabo unha nova inspección de seguimento, confirmando a emenda do vertido tras a substitución do tramo de colector afectado.

Relacionadas

Diego Calvo asiste esta tarde no Lalín Arena ao partido dos Hispanos contra Serbia

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu esta tarde no...

O itinerario turístico da Xunta ao redor da flor da camelia incorpora seis novos...

0
Súmanse á Ruta da Camelia o Pazo de Faramello, na Coruña, e a Estación Fitopatolóxica Areeiro de Pontevedra Na categoría de recurso asociado entran...

A Xunta sitúa o servizo de asistencia xurídica gratuíta en Galicia como “referente a...

0
O director xeral de Xustiza compareceu no Parlamento para dar conta dos avances na materia, que enmarcou no diálogo constante cos colectivos representantes dos...

A Xunta concede preto de 2.400 axudas en catro anos para corrixir impactos paisaxísticos...

0
Ángeles Vázquez destaca que estas achegas para mellorar o estado de distintos inmobles e instalacións teñen cada vez máis demanda e que desde 2021...

A Xunta convoca catro cursos básicos de auxiliares de policía local que suman 240...

0
Segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, desenvolveranse de xeito presencial na Academia Galega de Seguridade Pública a partir de finais de maioNa...

Tres citas en San Sadurniño con motivo das Letras Galegas

0
A poeta Yolanda Castaño participará o mércores nun encontro literario arredor da figura de Luísa Villalta, protagonista do 17 de Maio Poeta, narradora, dramaturga, ensaísta,...

Publicacións Relacionadas