Baiona abre o prazo para solicitar praza na escola de verán 2026

Redacción
Lectura mínima de 1

O Concello de Baiona, abre o prazo para presentar a solicitude para participar na escola de verán. Aquelas persoas interesadas poden facelo desde o xoves 30 de abril ata o xoves 14 de maio no Rexistro xeral do Concello de Baiona de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 ou a través da sede electrónica do Concello de Baiona.

As bases da convocatoria poden descargarse na páxina web, do taboleiro de anuncios ou recoller no Rexistro Xeral do Concello. Poden solicitarse ademais a través da dirección electrónica cim@baiona.gal

A escola de verán está cofinanciada pola Deputación de Pontevedra, no marco da liña dúas do Plan Maís Provincia 2026.

Comparte este artigo