A ruta que contaba con 24 locais participantes acada grandes resultados superando os 16.000 pinchos da segunda edición.
A III Ruta Pinchoterra de Salvaterra de Miño rematou o pasado venres superando notablemente as cifras da segunda edición e contando cunha alta participación do público que degustou as propostas gastronómicas dos locais participantes. As cifras superan este ano os 25.000 pinchos servidos durante os xoves e venres do mes de abril e ata o 1 de maio.
O público, que valorou positivamente a elaboración nas propostas gastronómicas tamén con opción veganas, vexetarianas e sen glute, percorreu durante este mes os 24 establecementos de hostalaría enchendo os locais e rúas da vila e das parroquias.
Agora chega o momento tan esperado entre o público, o vindeiro luns 11 de maio procederase a realizar o sorteo dos 37 premios que consisten nun primeiro premio dun vale de 200 euros, un segundo de 100 e un terceiro de 75 euros para consumir nos locais adheridos, 24 premios máis aportados polos establecementos e 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns-Oleiros.
O luns o sorteo e reconto realizarase ás 17:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño contando cos hostaleiros e estará aberto ó público en xeral.
Posteriormente publicaranse @s gañadores dos sorteos da ruta na páxina web pinchoterra.concellodesalvaterra.com

