O PP reclama ao Goberno que tome medidas coa falta de cobertura en Cangas do Morrazo que leva anos padecendo graves deficiencias que deixan ser servizo tanto a cidadáns como ás empresas

Redacción
  • Os deputados nacionais, Irene Garrido, Pedro Puy e Juan Bayón, acompañados da voceira do PP, Loli Hermelo, indicaron que esta falta de cobertura dificulta as comunicacións privadas e profesionais, limita o acceso a servizos básicos, e constitúe un obstáculo para a implantación e consolidación de empresas no concello.
  • O deputado nacional, Juan Bayón, avanzou que este grave problema que están a sufrir os veciños, xa foi trasladado ao Congreso, onde os deputados pontevedreses presentaron unha  iniciativa para que o Goberno de España poida estender a fibra óptica e a cobertura móbil en Cangas do Morrazo.
  • Loli Hermelo indicou que “non é de recibo a estas alturas cando en toda Europa se trata igual a todos os cidadáns, que en España haxa cidadáns de primeira e segunda categoría no que se refire a cobertura móbil e fibra óptica.

Os deputados nacionais  do PP de Pontevdra, Irene Garrido, Pedro Puy e Juan Bayón, acompañados da voceira do Partido Popular de Cangas do Morrazo, Loli Hermelo, reclaman ao Goberno central que tome medidas coa falta de cobertura móbil en Cangas do Morrazo que leva anos padecendo serias deficiencias que afectan tanto aos veciños como ao desenvolvemento socioeconómico do concello

O deputado nacional, Juan Bayón, avanzou que este grave problema que están a sufrir os veciños, xa foi trasladado ao Congreso, onde os deputados pontevedreses presentaron unha iniciativa para que o Goberno de España poida estender a fibra óptica e a cobertura móbil en Cangas do Morrazo.

“Evidentemente isto é necesario para o día a día das persoas, pero tamén para permitir que a xente poida traballar en Cangas”, precisou Juan Bayón.

Pola súa banda, a voceira popular, Loli Hermelo indicou que é un grave problema. “Hai moita xente que quere teletraballar, xente que apertura negocios na nosa zona rural onde hai moitos sitios con moi pouca cobertura, establecementos que non poden dare servizo, porque quedan sen datáfono, ao non ter cobertura. Se todos somos iguais, que tamén todos poidamos ter cobertura de móbil. Pido que todos teñamos os mesmos dereitos, xa que todos temos os mesmos deberes”.

Loli Hermelo indicou tamén que “non é de recibo a estas alturas cando en toda Europa se trata igual a todos os cidadáns, que en España haxa primeira e segunda categoría no que se refire a cobertura móbil e fibra óptica”.

O concello de Cangas do Morrazo leva anos padecendo serias deficiencias na cobertura de telefonía móbil e da internet, o que afecta gravemente á calidade de vida dos seus veciños e ao desenvolvemento socioeconómico do Concello. Esta falta de cobertura dificulta as comunicacións privadas e profesionais, limita o acceso a servizos básicos, e constitúe un obstáculo para a implantación e consolidación de empresas, indicaron.

Comparte este artigo