Galicia Calidade certifica os viños da adega do Rosal Vía Atlántica

Redacción
  • O Director da Axencia Galega de Turismo fixo hoxe entrega do distintivo á adega do grupo Méndez-Rojo
  • O selo de garantía suma na actualidade un total de 155 empresas con produtos e servizos certificados

O Director da Axencia Galega de Turismo, Xosé Merelles, fixo entrega hoxe do selo de certificación de Galicia Calidade á empresa pontevedresa Vía Atláncia. No acto, no que estivo acompañado pola Directora-Xerente do selo de garantía, Ana Méndez, e tamén polo Delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, asinouse o contrato coa adega do Rosal e tamén ser realizou unha visita ás súas instalacións.

Vía Atlántica é unha adega que data do 1980, cando se plantaron as primeiras vides. Foi no ano 2020 cando chegou a familia Méndez Rojo que supuxo o impulso definitivio para rescatar o legado. A familia Méndez Rojo conta con adegas da súa propiedade na Ribeira Sacra, con Vía Romana, e en Valdeorras, con Terriña, estas dúas tamén certificadas por Galicia Calidade. Con esta incorporación a marca de garantía conta na actualidade con 25 adegas certificadas en todo Galicia, 12 delas na Denominación de orixe Rías Baixas.

Xosé Merelles agradeceu á adega a confianza depositada no selo Galicia Calidade, unha “marca de referencia e de recoñecido prestixio a nivel nacional, tanto no ámbito gastronómico e vitivinícola como tamén no ámbito turístico”. Estamos convencidos, engadiu, “que esta certificación serviralle a Vía Atlántica para posicionar mellor os seus viños tanto a nivel nacional como nos mercados internacionais, nun contexto socioeconómico moi volátil e con dificultades para o sector vitivinícola galego”.

Engadir parágrafo enoturismo, ruta dos viños???

155 empresas certificadas

Vía Atlántica conta dende hoxe cos seus viños certificados pola marca de garantía, en concreto para as súas marcas Mar del Norte, Cien Rosas, Carta Marina Atlántica, Donaluci, Terramundi e Abilleira, todos baixo a denominación de orixe Rías Baixas. Dende o ano 2020, coa chegada da propiedade actual recuperáronse os viñedos orixinais cos sistemas tradicicionais como a conducción en parra e as terrazas. O resultado é unha adega que honra o seu pasado e mira o futuro coa convicción de elaborar uns albariños plurivarietais do Rosal que reflexen a identidade deste enclave.

Con esta incorporación a marca de garantía conta na actualidade cun total de 155 empresas certificadas de todos os sectores da economía galega, onde o turismo e a gastronomía suoñen máis do 60% do total.

Comparte este artigo