A OMIX da Guarda organiza un obradoiro para realizar unha cúpula de flores secas

Redacción
  • As inscricións abren este luns 11 no mail informacion@aguarda.es

A OMIX do Concello da Guarda continúa coa organización de obradoiros gratuítos para diversificar a oferta do ocio da mocidade na nosa vila.

Para o próximo sábado 16 de maio, de 10:00 a 13:00h, haberá un obradoiro para realizar unha cúpula de flores secas, que estará dirixido polo estudio floral Beltane.

O obradoiro ten unha parte teórica, unha parte de demostración e a última parte práctica onde as persoas participantes elaboran o traballo e reciben axuda e apoio para solucionar as súas dúbidas.

Deste xeito, aprenderán o nome das especies utilizadas, a mellor forma de conservar o traballo ou a teoría da cor detrás da combinación escollida antes de pórse mans á obra.

As prazas son limitadas e terá prioridade a mocidade, aínda que estará aberto ao público xeral se hai prazas. A inscrición estará aberta desde o próximo luns 11 a través do mail da OMIX: informacion@aguarda.es.

Comparte este artigo