Home Pontevedra O Salnés A Xunta de Galicia efecturá no Pabellón Municipal de Vilanova de Arousa...

A Xunta de Galicia efecturá no Pabellón Municipal de Vilanova de Arousa novos cribados con pcr convencional cara a ampliar a detencción da Covid 19

- Anuncio -

Esta iniciativa preventiva terá lugar durante as mañás e tardes dos vindeiros 3, 4 e 5 de marzo nesta localidade arousá

A Xunta de Galicia, a través da xestión do Servizo Galego de Saúde, efectuará no Pabellón Municipal de Vilanova de Arousa dende mañá mércores 2 e ata o vindeiro venres 5 de marzo de 2021 novos cribados poboacionais con PCR convencional cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos de COVID 19, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de coronavirus nesta localidade arousá.

Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega vai convocar, gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación de Vilanova de Arousa dentre 50 a 64 anos de idade con tarxeta sanitaria activa nos centros de saúde deste Concello, colectivo que nesta localidade acada as 1.734 persoas.

Para levar a cabo este cribado, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contará a partires das 9 horas polas mañás e ás 15:30 horas polas tardes no Pabellón Municipal de Vilanova de Arousa con dous equipos de enfermaría en cada turno, efectuando tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras nasofarínxeas e aportando información aos usuarios.

Os resultados negativos destes cribados a efectuar dende mañá mércores e ata o vindeiro venres 5 de marzo en Vilanova de Arousa serán comunicados por SMS pola Área Sanitaria, mentres que os positivos notificaránse contactando directamente vía telefónica con cada persoa.

44.286 convocatorias preventivas en febreiro
En relación aos cribados, cómpre sinalar que durante o pasado mes de febreiro, a Área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés efectuou un total de 44.591 convocatorias preventivas para a detección da COVID 19 entre a cidadanía.

Estes cribados efectuáronse tanto con test de antíxenos coma con PCR en mostras de saliva e PCR en mostras nasofarínxeas.

Ás ditas convocatorias voluntarias efectuadas por toda a xeografía da Área Sanitaria durante o pasado mes asistiron finalmente un total de 31.445 persoas, o que representa unha porcentaxe do 70,5 por cento de presencia nas diversas probas para a detección do coronavirus.

Estes cribados realizáronse nas residencias sociosanitarias, nas que se levaron a cabo 2.147 probas. Tamén se efectuaron en centros educativos, nos que se fixeron 2.259 probas; en empresas e outros colectivos, nos que se realizaron 4.351 probas e na poboación xeral de distintos Concellos, nos que se levaron a cabo un total de 22.688 probas.

Estas 31.445 probas permitiron detectar un total de 81 positivos. Cómpre sinalar que ningún destes positivos se produciu no ámbito sociosanitario.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas