Home Deputacións Deputación Pontevedra Os camiños de Mañufe, en Gondomar, estrean pavimento e gañan en seguridade...

Os camiños de Mañufe, en Gondomar, estrean pavimento e gañan en seguridade tras un investimento de 78.000 euros da Deputación

- Anuncio -

Santos Héctor: “Estas obras dignifican dúas zonas que están en franco crecemento, porque á parte da xente que vive aquí, tamén hai moita segunda residencia”

Francisco Ferreira: “Gracias a esta nova Deputación, que marca un antes e un despois no desenvolvemento do territorio, estamos chegando a cada recuncho”

A veciñanza do barrio Cristillón e do camiño de Levadas-A Cruz, ambos na parroquia gondomaresa de Mañufe, gozan de accesos completamente renovados despois doas obras realizadas polo Concello con cargo ao Plan Concellos da Deputación, cun investimento total que supera os 78.000 euros. A zona foi visitada hoxe polo deputado de Cooperación, Santos Héctor, acompañado do alcalde, Francisco Ferreira, da deputada e concelleira Iria Lamas e outros membros do goberno local.

O deputado de Cooperación cualificou o resultado das obras de Mañufe como “extraordinario” e subliñou que non só renovaron a capa de rodadura, senón que tamén supuxeron unha mellora na seguridade viaria. Santos Héctor destacou que este municipio está a gañar poboación e soubo converterse nun polo de emprego pola actividade que desprega dende o polígono da Pasaxe. O deputado felicitou ao alcalde e destacou a súa aposta polo acondicionamento das dotacións rurais. “Estas obras que hoxe visitamos dignifican dúas zonas que están en franco crecemento, porque á parte da xente que vive aquí tamén hai moita segunda residencia”. Héctor engadiu que volve quedar patente a versatilidade do Plan Concellos facendo posible todo tipo de actuacións: “Gondomar coñece a primeiros de ano os fondos dos que vai dispoñer e así ten marxe de manobra para decidir onde investilos”, significou.

Francisco Ferreira afirmou que cando se fala do Plan Concellos podería chamárselle tamén “plan rural, porque o 80% das actuacións que facemos no noso concello están dedicadas ás parroquias”. Despois de cinco anos de obras recuperando espazos públicos, estradas, pluviais, saneamento e alumeado subliñou que Mañufe e Gondomar avanzan “gracias a esta nova Deputación, que marca un antes e un despois no desenvolvemento do territorio da provincia; estamos chegando a cada recuncho”. Ao respecto das obras realizadas destacou que xa comezou unha segunda fase en Cristillón e tamén se van facer novas actuacións en Piquetes, que se unirán ás xa realizadas recentemente. Ferreira subliñou que Mañufe é importante para o Concello, dada a súa poboación e require dunha atención constante. “É unha obviedade repetir o que levamos feito tras seis anos co apoio da Deputación; basta con percorrer as parroquias para comprobalo”.

As obras no barrio do Cristillón cinguíronse a un tramo de preto de 350 metros cunha anchura media de 3 metros, onde o firme presentaba numerosas roturas, desprendementos e fochancas. A maiores as marxes carecían dun tratamento adecuado, propiciando así o crecemento da broza. O gasto para a pavimentación completa deste ámbito foi de preto de 31.000 euros.

Pola súa banda, no camiño de Levadas ata A Cruz, tamén en Mañufe, investíronse preto de 50.000 euros no novo firme, así como na accesibilidade, a funcionalidade e a nova rede de drenaxe das augas pluviais. As obras consistiron no fresado dos tramos máis deteriorados, a aplicación dunha nova capa de aglomerado asfáltico e a aposta pola seguridade viaria, colocando bandas de lastro de granito nas interseccións. Estas tiras de pedra ofrecen un logrado acabado estético á vez que funcionan como elementos redutores da velocidade. Antes das obras, executadas polo Concello con fondos da Deputación, os 860 metros de lonxitude deste camiño, cunha anchura media de 4,2 metros, presentaban un avanzado deterioro e xa fora obxecto de varios “parches”. O mal estado non só prexudicaba ao acceso ás vivendas, senón tamén ás veigas da contorna.

A Deputación achegou máis de 8,5 millóns de euros ao concello de Gondomar desde 2015. En concreto, este ano o Plan Concellos destina 1 millón de euros para o municipio. Os investimentos da institución provincial permitíronlle a Gondomar levar a cabo numerosas obras. Ademais, Gondomar foi quen de contratar máis de 70 traballadoras e traballadores desempregados para prestar servizos municipais. Neste ano 2021, o municipio miñorano xa ten aprobada a contratación de 10 persoas traballadoras, cunha achega de 158.070 euros.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas